Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Xornadas online gratuítas "Reformas procesuais RDL 6/2023: Xuízos telemáticos, expediente xudicial electrónico e outras novidades de interese. 7, 14 e 21 de marzo
01/03/2024
 
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
                 O Consello da Avogacía Galega remítenos a seguinte información:



O Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago, en colaboración co Consello da Avogacía Galega, organiza tres xornadas baixo o título:
 
Reformas procesuais do RDL 6/2023: Xuízos telemáticos, expediente xudicial electrónico e outras novidades de interese  
 
A continuación facilitámosvos información sobre datas, horarios e relatorios:
 
7 de marzo, 18.30 h:
“Reformas da LAC. Actos procesuais telemáticos e garantías do proceso”
Dª María Paz Filgueira Paz, maxistrada do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Santiago de Compostela
D. José Manuel Silvosa Tallón, letrado da Admón. de Xustiza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Núm. 1 de Arzúa
14 de marzo, 18.00 h:
“Reformas da LXCA, LRXS e LACrim”
Dª María Dolores Rivera Frade, maxistrada presidenta da Sala Contencioso-Administrativa do TSXG
Dª Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado Social Núm. 1 de Santiago de Compostela
Dª Margarita Guillén Vázquez, maxistrada do Xulgado de Instrución Núm. 2 de Santiago de Compostela
21 de marzo, 18.30 h:
“Expediente xudicial electrónico e carpeta Xustiza”
D. José Tronchoni Albert, director xeral de Xustiza
Dª María José García Sexto, directora da Área de Administración Dixital da Amtega
 
 
Os interesados e as interesadas deberán cubrir o seguinte formulario: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_MK4uI3NnQV2tKh6nfxq6-w 
 
O rexistro dá acceso ás tres sesións das xornadas e por tanto non deberá repetirse para cada unha delas. O prazo de inscrición rematará o 5 de marzo ás 14 horas.
 
Quedamos á vosa disposición para calquera consulta en redes@avogacia.gal e no teléfono 981121893.



        Un cordial saúdo,
 
                                                                                          A Decana,
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información