Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Conferencia en liña "Cuestións de relevancia sobre a nova Lei de Vivenda. Solucións prácticas ante a Lei". 5 de outubro, de 17 a 19 h.
19/09/2023
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
     O vindeiro xoves 5 de outubro, de 17 a 19 h., o Consello da Avogacía Galega emitirá a través de Zoom a seguinte conferencia en liña, impartida polo maxistrado Vicente Magro Servet:
 
«Cuestións de relevancia sobre a nova Lei de Vivenda. Solucións prácticas ante a Lei»

 
    O relator analizará as características da nova Lei de Vivenda ao redor das novas esixencias que se recollen na lei para a recuperación da posesión ante supostos de incumprimento polo arrendatario e a reforma da LEC neste sentido, así como en que medida afecta a situación de vulnerabilidade do ocupante de inmoble e requisitos para recuperar a posesión nestes casos. 
    Tamén analizará os dereitos e deberes das partes, así como a situación ante a ocupación de inmobles e aspectos máis relevantes contidos na Lei de Vivenda, e realizará propostas para poder axilizar a temática da esixencia da vulnerabilidade referida nos arts. 439 6 e 7 LEC e 441.5 LEC. 

Programa:
 
1. O fenómeno da ocupación de inmobles ante a Lei de Vivenda.
2. O concepto de vulnerabilidade do ocupante e a súa afectación ao propietario. Fórmulas e posibles solucións para poder axilizar a tramitación das demandas de desafiuzamento con respecto a este concepto.
3. Novas esixencias para a recuperación posesoria de inmobles tanto para persoa física como xurídica e gran tenedor.
4. Diferenzas entre gran tenedor e quen non teña este concepto á hora de recuperar a posesión.
5. A necesidade de poñer en marcha o rexistro de morosos do aluguer que aprobou a Lei 4/2013, de 4 de xuño.
6. Obrigacións de pago de gastos da axencia inmobiliaria no aluguer de inmobles e gastos a fixar no contrato.
7. Modificacións relevantes na LAU.
8. Aspectos relevantes da Lei de Vivenda que afectan ao proceso civil de desafiuzamento na LEC.

Sobre Vicente Magro Servet:
 
• Maxistrado do Tribunal Supremo desde febreiro de 2018. 
• Doutor en Dereito Penal e Procesual Penal con sobresaínte cum laude.
• Autor de 60 libros e máis de mil artigos xurídicos.
• Posúe a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, Premio Xustiza da Generalitat Valenciana en 2011, Medalla Penal do Ministerio do Interior 2013, Premio Calidade da Xustiza CGPJ 2014, Premio Soledad Cazorla en 2016 pola súa actividade contra a violencia de xénero, Premio ACIJUR en febreiro 2017 da prensa xurídica de Madrid.
• Tamén é membro asesor do Observatorio de Violencia Doméstica e de Xénero do CGPJ desde o ano 2002.
 
Inscrición
 
       A inscrición é gratuíta e realizarase a través da plataforma de Zoom: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_2nO8k9eiQt-qsNx_GgGliQ#/registration
 
       Para calquera dúbida ou consulta, podes chamar ao 981121893 ou escribir a redes@avogacia.gal
 
       Un saúdo,
 
                                                                                          A Decana,
                           
 
 
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información