Búsqueda avanzada

12 de Xullo – Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio

14/07/2025
Estimado/a compañeiro/a:

Con motivo do Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de Oficio, que se celebra o 12 de xullo, desde o Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo queremos render unha merecida homenaxe a todas as avogadas e avogados que prestan este servizo esencial, amosando o noso agradecemento polo seu compromiso diario na defensa do acceso á Xustiza en condicións de igualdade.

A xustiza gratuíta é un piar fundamental do Estado de Dereito e, grazas ao traballo das nosas compañeiras e compañeiros, garántese unha tutela xudicial efectiva ás persoas que carecen de recursos suficientes.
O 12 de xullo pretende visibilizar o compromiso da profesión cos dereitos fundamentais e coa igualdade no acceso á Xustiza, así como agradecer e poñer en valor un labor silencioso pero imprescindíbel, que garante que ninguén quede excluído do sistema xudicial por falta de medios.
Os datos da actividade en Vigo durante o 2024 son os seguintes:
  • Persoas atendidas na Cidade da Xustiza: 21.900
  • Asuntos designados: 4.337, distribuídos en:
    • Penal: 679
    • Laboral: 986
    • Civil e matrimonial: 2.574
    • Administrativo: 98
  •  Xestión de expedientes de xustiza gratuíta:
    • Media semanal: 127
    • Tramitación total: 10.072
  • Total de chamadas de asistencia: 3.026
    • Chamadas atendidas dende os centros de detención e xulgados solicitando letrados/as de garda: 2673
    • Chamadas de asistencia a vítimas de violencia de xénero por letrados/as de garda: 353
Desde o Colexio, reiteramos o noso orgullo e recoñecemento a todas as avogadas e avogados que, con esforzo, profesionalidade e vocación, fan posíbel este servizo.
Adxunto o MANIFESTO EN DEFENSA DA XUSTIZA GRATUÍTA E DA QUENDA DE OFICIO
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información