Búsqueda avanzada
Os días 28 e 29 de xuño celebrarase o VII Curso de Estranxeiría na sede do ICAV
07/06/2018
Os días 28 (xoves) e 29 (venres) de xuño, en horario de 17:30 h a 20:30 h, na sede do Colexio na praza de América, 2-1º andar, Aula 1, levarase a cabo o VII Curso de Estranxeiría, segundo o programa que se xunta, que ten carácter de obrigatorio para todos os letrados que desexen incorporarse á citada especialidade da quenda de oficio. Número de prazas: 50.

De non completarse as prazas, tamén poderán asistir os que xa estean adscritos á quenda de estranxeiría e o resto dos colexiados, nesta orde. Os interesados deberán inscribirse enviando por correo electrónico a colexio@icavigo.org a seguinte solicitude. Prégase a quen se inscriba a responsabilidade de asistir para evitar que resten prazas que poderían aproveitar outros compañeiros. Confirmarase a admisión mediante correo electrónico.

 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información