Búsqueda avanzada
O Colexio de Avogados de Vigo, anfitrión da exposición “#DerechosRefugiados 11 vidas en 11 maletas” da Avogacía
12/12/2016
A Casa das Artes de Vigo acollerá, do 13 ao 21 de decembro, a exposición #DerechosRefugiados: 11 vidas en 11 maletas, organizada pola Fundación Avogacía Española, que conta coa colaboración de dez organizacións -ACCEM, ACNUR, Amnistía Internacional, Cáritas, CEAR, Cruz Vermella Española, Oxfam Intermón, Proactiva Open Arms, Save the Children e Unicef- e o testemuño persoal de Mónica Bernabé, Nicolás Castelán, Anxo Expósito, Helena Maleno, Lorenzo Milá, José Naranjo, Jorge M. Reverte, Cristina Saavedra, Natalia Sancha, Gervasio Sánchez, Lorenzo Silva e Jon Sistiaga. 

A exposición está organizada ao redor de once maletas abertas sobre un atril, das cales dez corresponden á actual crise de refuxiados e a número once mostra a historia dunha refuxiada española de hai 70 anos, para que non esquezamos tampouco que moitos españois foron tamén refuxiados. A inauguración da devandita mostra será este 13 de decembro ás 12.00 horas e contará coa presenza da decana, Lourdes Carballo, xunto con Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro de Cultura, e Isaura Abelairas, concelleira de Política Social e Benestar.


Os horarios de visita serán os seguintes:
  • De luns a venres: de 18.00 h a 21.00 h
  • Sábados: mañás de 12.00 h a 14.00 h | tardes de 18:00 h a 21.00 h
  • Domingos: de 12.00 h a 14.00 h
Consulta o tríptico da exposición.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información