Búsqueda avanzada
O ICAMálaga acolle o 12º Congreso Xurídico da Avogacía
27/09/2016
Este ano, a duodécima edición do Congreso Xurídico da Avogacía ICAMÁLAGA terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos da Costa do Sol (Torremolinos) durante os días 6 e 7 de outubro.

Trátase dun encontro de gran transcendencia en España neste sector, que nesta ocasión ten previstas 27 seccións formativas que dan contido especializado a 70 relatorios, mesas redondas e mesas de traballo. Como novidades, estréanse as seccións de Dereito e Benestar Animal e a de Novas Tecnoloxías, e poñeranse sobre a mesa cuestións como a crise dos refuxiados e outros temas candentes relacionados con violencia de xénero, menores, dereito laboral, bancario, familia, penal, urbanismo e un longo etcétera.

As persoas interesadas en formalizar inscrición poderán facelo na seguinte ligazón
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información