Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Concentración de avogados e avogadas en Santiago de Compostela o 19 de maio ás 12.00 h.
18/05/2023
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
Á petición da Comisión Xestora da Plataforma de Avogados de Vigo e Redondela, en proceso de constitución, provisionalmente denominada “Marea Negra”, informamos de que o vindeiro venres, 19 de maio, ás 12.00 h. terá lugar en Santiago de Compostela unha concentración, ás portas da sede do Parlamento de Galicia (rúa do Hórreo), formada por colexiados de todos os Colexios de Avogados de Galicia, que terá por obxecto a reivindicación pública das seguintes cuestións:
 
  • Remuneración digna e suficiente dos servizos da quenda de oficio e asistencia ao detido, con actualización anual do baremo con arreglo ao IPC
  • Remuneración de todos os servizos realizados, independentemente de que, de forma definitiva, resultase denegado ao solicitante o beneficio de xustiza gratuíta, incluídas as persoas xurídicas e físicas.
  • Reforma de certos aspectos da Lei de Xustiza Gratuíta.
  • Dereito á conciliación familiar e á desconexión dixital respecto a Lexnet.
 
Un saúdo,
 
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información